InicioLugo e contornaO guindastre retira en Lugo unha furgoneta de matrícula holandesa á que...

O guindastre retira en Lugo unha furgoneta de matrícula holandesa á que lle caducou o permiso de circulación

Denuncian ao propietario dun coche coa ITV caducada pero que lle colocou un adhesivo conforme estaba en vigor ata 2023

PUBLICADA O

- Advertisement -

O guindastre municipal de Lugo tivo que retirar unha furgoneta de matrícula holandesa dedicada á exportación debido a que se lle caducou o correspondente permiso de circulación en España, que tiña un prazo de validez de 14 días.

Segundo informa o Concello, ocorreu na tarde do mércores, cando un policía especializads en vehículos estranxeiros que se atopaba fóra de servizo observou esta furgoneta estacionada na rúa do Franco.

Así, tras comprobar que xa carecía do permiso, o axente deu aviso á sala do 092 e acudiu ata o lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, que retirou co guindastre municipal o automóbil e mobilizouno ao depósito ata que o seu titular solicite a matriculación temporal ou definitiva en España.

COCHE SEN ITV

Así mesmo, tamén durante a tarde do mércores, a Policía Local denunciou ao propietario dun vehículo por un delito de emprego ilexítimo de certificado público, xa que o coche levaba coa ITV caducada desde o 2020 pero tiña pegada un adhesivo que indicaba que estaba en vigor ata 2023.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...