InicioSucesosDetido un mozo xunto á vivenda na que estaba a súa nai...

Detido un mozo xunto á vivenda na que estaba a súa nai en Lugo, da que ten orde de afastamento

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 27 anos de idade por quebrantar unha orde de afastamento ao ser denunciado pola súa nai cando chamaba “moi alterado” á porta da vivenda na que estaba a muller.

Segundo informou a Policía Local, ás 11,50 horas deste pasado 7 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi enviada á rúa Río Ulla porque unha muller denunciou que o seu fillo estaba “moi alterado” e chamaba á porta da súa vivenda, a pesar de ter unha orde de afastamento en vigor.

Os axentes atoparon ao mozo de 27 anos diante da porta da vivenda e comprobaron que hai unha orde emitida por un xulgado de Lugo que lle prohibe estar a menos de 500 metros do domicilio.

Por iso, procederon á detención deste mozo e ao seu traslado a dependencias policiais, para a instrución de dilixencias para o xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...