InicioSucesosRemata o longo xuízo da operación Carioca cun acordo: un ano e...

Remata o longo xuízo da operación Carioca cun acordo: un ano e cinco meses de prision para os acusados

Se non teñen antecedentes non ingresarán en prisión. Os máximos acusados deberán abonar un total de 387.959 euros e 142.935 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os xefes da operación Carioca, José Manuel García Adán e José Manuel Pulleiro, aceptaron un ano e cinco meses de prisión e catro meses de cárcere, respectivamente, por blanquear capitais procedentes da prostitución.

Ambos os proxenetas foron os principais investigados da Carioca, en especial Adán como xefa dunha rede de prostitución en Lugo. Agora atópase cumprindo unha condena de máis de 20 anos por malos tratos a súa ex parella. Finalmente, houbo acordo de conformidade na Audiencia Provincial de Lugo, onde tamén se xulgaba a outro socio de Adán, José Montesinos Cancela, que aceptou tres meses de prisión e 9.000 euros.

Pola súa banda, Adán deberá abonar un total de 387.959 euros, mentres que a Pulleiro impónselle a cantidade de 142.935 euros. En principio, a fiscalía pedía catro anos e tres meses de prisión para o xefe, García Adán, así como o pago dunha multa de 700.000 euros.

Para o encargado dos clubs de alterne, José Manuel Pulleiro, pedíanse dous anos e tres meses de prisión e pago de 300.000 euros, mentres que para o suposto home de palla pedíanse 20 meses de cárcere e multa de 20.000 euros.

ACUSACIÓN

Segundo relataba a fiscalía no seu escrito, o principal acusado, José Manuel García Adán, era dono de dous clubs de alterne de Lugo, onde exercían a prostitución mulleres estranxeiras, maioritariamente brasileiras. Por estes feitos séguese contra el e un dos seus socios un procedemento por 54 delitos de prostitución e un contra a saúde pública.

Nos rexistros practicados nos dous clubs de alterne, localizábanse importantes cantidades de diñeiro, así como 29.500 euros nunha conta bancaria e 79.950 euros nunha caixa de seguridade vinculada a unha conta a nome do acusado.

Agora, Adán asumiu os delitos de branqueo de capitais e contra a facenda pública, do mesmo xeito que os outros dous procesados. O avogado dun deles, José Olloki, ratificaba o acordo e o tres meses que se conformaban para Montesinos Cancela e unha multa de 9.000 euros, o que lle levou a concluír que están “satisfeitos” co estipulado na conformidade.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...