InicioSucesosDetido un home por agredir á súa nai durante unha discusión familiar...

Detido un home por agredir á súa nai durante unha discusión familiar en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home por violencia no ámbito familiar por agredir á súa nai no marco dunha discusión nunha vivenda no barrio da Residencia.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 22,00 horas do pasado 4 de xuño unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi enviada a un edificio do barrio da Residencia porque nunha vivenda había unha discusión entre varios membros dunha familia.

Ao chegar os axentes foron informado pola vítima de que un fillo seu chegara a casa “moi alterado”, indican as mesmas fontes, e agredina con varios golpes no pescozo e na cara, á vez que rompeu diverso mobiliario da casa, tras o que se ausentou da vivenda.

Os axentes que interviñeron auxiliaron á agredida, que rexeitou asistencia médica, e localizaron ao autor nas inmediacións do edificio, tras o que procederon á súa detención. O home recoñeceu que no transcurso dunha discusión empuxara á súa nai e foi conducido a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias para a súa remisión á autoridade xudicial competente.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...