InicioSucesosDetido un afeccionado do CD Logroñés por agredir a un lucense tras...

Detido un afeccionado do CD Logroñés por agredir a un lucense tras discutir sobre fútbol

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron na madrugada do pasado 5 de xuño a un afeccionado do CD Logroñés por agredir a un mozo veciño da capital luguesa nun local de lecer nocturno supostamente por mor dunha discusión sobre fútbol.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 1,45 horas do 5 de xuño efectivos do Grupo Operativo Nocturno, despregados no centro histórico da capital luguesa, foron requiridos por varios viandantes porque na rúa da Cruz producíase unha pelexa entre varias persoas.

Ao lugar acudiron varias patrullas que atoparon a un mozo de 27 anos, veciño de Lugo, coa cabeza “totalmente ensanguentada”, destacan as mesmas fontes, xa que presentaba un corte na cara e na fronte. Manifestaron testemuñas que fora agredido por outro home, do cal achegaron as características mentres se solicitaba unha ambulancia do 061 para atender á vítima.

O autor da agresión foi localizado a poucos metros, destacaron as mesmas fontes, acompañado doutros dous mozos. Segundo manifestaron, houbo unha pelexa no interior dun local de lecer nocturno da zona, posiblemente por mor dunha discusión sobre fútbol, “xa que o agresor e os seus amigos son afeccionados do CD Logroñés que xoga o playoff de ascenso en Ferrol”, explican as mesmas fontes policiais.

Os axentes, ao ver “a gravidade das lesións”, apuntan as mesmas fontes, xa que o agredido presentaba un “corte profundo” na cara que requiriu o seu traslado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), procederon á detención do agresor, un mozo natural de Logroño de 30 anos de idade, que foi trasladado inicialmente a un centro sanitario e, posteriormente, a dependencias policiais, onde se instruíron dilixencias para o xulgado de garda.

No transcurso da intervención policial unha muller manifestou que, por mor da pelexa dentro do establecemento, recibira un “forte golpe no nariz”, concreta a Policía Local, pero descoñecía o autor. Acudiu a un centro médico para, posteriormente, presentar denuncia.

ÚLTIMAS

Tres persoas enfróntanse a cinco anos de cárcere por tentar secuestrar a unha menor en Vilalba

A Audiencia Provincial de Lugo xulga este martes a tres persoas que se enfrontan a...

A Deputación de Lugo licita o 40 % do Plan de estradas previsto para este ano

A Deputación de Lugo alcanzou este mes o 40 % do financiamento do Plan...

Primeiros traballos para Miguel Fernández: obras no centro histórico e a aprobación dos orzamentos

O novo alcalde de Lugo, Miguel Fernández, fixo unha primeira valoración dos seus primeiros...

ALCER recibe os parabéns da Deputación por “mellorar a calidade de vida” das persoas con doenza renal

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, agradeceu á Asociación para a...