InicioLugo e contornaLugoRecollen un can abandonado polos inquilinos dun piso en Lugo

Recollen un can abandonado polos inquilinos dun piso en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo de laceiro dunha protectora de Lugo procedeu a retirar un can abandonado nunha vivenda polos inquilinos tras avisar a propietaria ao acabar o contrato de arrendamento.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 11,50 horas do 1 de xuño unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio desprazouse a un edificio da rúa Paxariños porque a propietaria dunha vivenda manifestou que deixara abandonado un can os inquilinos ao concluír o contrato.

En concreto, detallaron as mesmas fontes policiais, os inquilinos da vivenda deixaran no interior un can de raza American Bully.

Os axentes, unha vez comprobada a documentación do aluguer, requiriron o servizo de laceiro dunha protectora de animais que se fixo cargo e levouno ás súas instalacións

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...