Sorprendido un individuo cando roubaba nun vehículo en Lugo tras tentar abrir varios estacionados

Axentes da Policía Local de Lugo en moto. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Axentes da Policía Local de Lugo sorprenderon a un individuo cando roubaba nun vehículo despois de tantear varios estacionado en rúas da capital luguesa. Segundo informou a Policía Local, sobre as 7,30 horas do pasado 17 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi enviada á rúa Otero Pedrayo porque un home trataba de abrir os vehículos estacionados.

Os axentes desprazados localizado a este individuo e fixéronlle un seguimento. Así, observaron polas rúas Conde, Río Sil, Lucas Ferro Caaveiro e Pombal, “tanteando” todos os vehículos que atopaba, destacaron as mesmas fontes policiais.

O home introduciuse nun dos vehículos estacionados e foi interceptado cando saía do mesmo, momento no que foi identificado e cacheado. Os axentes acharon no seu poder “certa cantidade de diñeiro” e un frasco de perfume, que foi recoñecido polo propietario do coche como seu. Por iso, instruíronse dilixencias para o xulgado de garda.