InicioSucesosFerido o condutor dun coche con "signos de embriaguez" tras saírse da...

Ferido o condutor dun coche con “signos de embriaguez” tras saírse da vía e chocar cunha pedra grande en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun vehículo, que presentaba “signos de embriaguez”, resultou ferido tras saírse da vía e impactar cunha pedra de gran tamaño na cidade de Lugo. Segundo informou a Policía Local, sobre as 20,50 horas do pasado 13 de maio un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprazouse á zona en Rolda Norte, porque nas inmediacións da glorieta saíuse da vía un vehículo e impactado “de forma violenta” contra unha pedra “de gran tamaño” situada fóra da calzada.

O condutor, destacaron as mesmas fontes, resultou ferido e foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

O condutor presentaba “signos de embriaguez”, destacaron as mesmas fontes, pero ante a “imposibilidade de realizarlle o control de alcoholemia debido ás feridas que presentaba na cara”, destacou a Policía Local solicitouse o seu consentimento para a extracción sanguínea, que lle realizou persoal sanitario, á espera do resultado da análise.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...