InicioSucesosLocalizado na cidade de Lugo o menor cuxa nai e padrasto apareceron...

Localizado na cidade de Lugo o menor cuxa nai e padrasto apareceron mortos en Paradela

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil localizou na cidade de Lugo ao menor de 15 anos de idade que permanecía desaparecido desde principios da semana pasada no municipio lucense de Paradela.

Así o confirmaron a Europa Press fontes do Instituto Armado, que detallaron que o mozo foi localizado na tarde deste pasado martes na capital luguesa. As mesmas fontes indicaron que o mozo se atopa ben de saúde e foi sometido a un recoñecemento médico antes de ser posto a disposición da Fiscalía de Menores.

O mozo de 15 anos é fillo dunha muller achada morta o pasado venres na casa onde residía co padrastro do menor, que foi localizado tamén sen vida na xornada deste luns. Segundo fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press, tanto no caso da nai, de nacionalidade holandesa, como do padrasto, trátase de mortes por suicidio.

A muller foi achada no seu domicilio, situado na parroquia de Ferreiros, o pasado venres, cando axentes da Garda Civil e persoal dos servizos municipais se personaron na casa para preguntar polo menor, xa que non acudira a clase desde o luns. A parella da muller, que tampouco se atopaba no domicilio na xornada do venres, foi localizada máis tarde. Este luns, axentes da Garda Civil regresaron á vivenda e atopáronse co cadáver do home, tamén morto por suicidio.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatá o goberno de Lugo ao bipartito do PSOE...

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...