InicioSociedadeDesarticulado un dos maiores puntos de venda de cocaína de Lugo

Desarticulado un dos maiores puntos de venda de cocaína de Lugo

As vendas realizábanse desde un local de hostalaría que dous dos detidos rexentaban.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron tres homes en Lugo como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas, un operativo no que se deu por desarticulado un dos maiores puntos de venda de cocaína da cidade, cuxo sistema de distribución sen implicación directa polos traficantes dificultou “de forma extrema” a investigación.

A Policía Nacional tivo coñecemento a través de comerciantes e veciños da zona de Camiño Real da existencia dun punto de venda de droga. Como consecuencia, púxose en marcha un operativo en aras a comprobar en primeiro lugar a veracidade dos feitos descritos e, posteriormente, poder solicitar todos os indicios posibles para levar a cabo a resolución do caso.

Con iso, e despois das primeiras dilixencias de investigación, os axentes comprobaron como efectivamente se estaba realizando a venda de sustancias estupefacientes na zona, identificando tres posibles implicados.

A Policía sinalou que se trataba dun sistema de distribución piramidal, onde o xefe da trama nunca distribuía a droga, senón que utilizaba “un machuca” para realizar as vendas, que, á súa vez, cobraba unha comisión por cada pase realizado. Este detido sería o único sen antecedentes en España, aínda que xa fora detido e condenado a prisión en Brasil por delitos de tráfico de drogas.

A maiores, foron detidos outros dous homes, realizándose rexistros na propiedade dun deles. Alí interviñéronse os utensilios necesarios para a manipulación da droga, envoltorios, así como balanzas de precisión, entre outros elementos. As vendas eran realizadas desde un local de hostalaría que ambos rexentaban.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...