InicioSucesosFalece un condutor de 100 anos nun accidente de tráfico en Vilalba

Falece un condutor de 100 anos nun accidente de tráfico en Vilalba

Hai outra persoa ferida de gravidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un veciño de Vilalba de 100 anos de idade faleceu este mércores ao sufrir un accidente co coche que conducía. O sinistro, rexistrado na estrada que une Vilalba e Paraxes, causou outro tres feridos, un deles de gravidade.

A vítima, de iniciais J.R.F.B., ía ao volante duns dos vehículos que impactou de fronte contra outro turismo. Sucedeu no punto quilométrico 7,850 da estrada LU-120 ao redor das 15,50 horas. Os servizos de emerxencia desprazados ao lugar do accidente tiveron que empregar material de excarceración para liberar o condutor falecido, que se atopaba atrapada no interior do seu coche.

O home faleceu no Hospital Lucus Augusti, onde foi evacuado en helicóptero polos profesionais de Urxencias Sanitarias, segundo confirmaron os servizos de emerxencias.
O outro ferido grave tamén foi trasladado ao hospital lugués, no seu caso, en ambulancia. As outras dúas persoas feridas foron atendidas no lugar do sinistro polos servizos sanitarios.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...