InicioSucesosA Policía Local de Lugo auxilia unha moza agredida cunha botella

A Policía Local de Lugo auxilia unha moza agredida cunha botella

Os axentes procederon á identificación das dúas mulleres implicadas e realizaron parte de intervención á espera de que se presenten as denuncias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo auxiliou unha moza de 18 anos que manifestou ter sido agredida cunha botella por unha descoñecida na madrugada deste venres. Segundo relatou a Policía Local, ás 1,45 horas deste 25 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi enviada á rúa Catedral porque supostamente había unha pelexa na vía pública.

Os axentes ao chegar observaron unha moza de 18 anos sentada na rúa cunha ferida na cabeza. A moza manifestou que momentos antes, unha muller, á que non coñece, agredíraa cunha botella, debido ao que presentaba unha brecha “pola que sangraba”, destacaron as mesmas fontes.

A agredida indicou aos axentes as características da presunta agresora, que foi localizada no interior dun local da rúa Catedral, onde foi recoñecida pola agredida. A muller manifestou que “a empuxaba e ela defendeuse”, indicou a Policía Local. Por iso, os axentes procederon á identificación de ambas as mulleres e realizaron parte de intervención á espera de que se presenten as denuncias. Ademais, solicitaron a presenza dunha ambulancia para o traslado da moza ferida ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

DANOS

Por outra banda, sobre as 18,00 horas do pasado 24 de marzo unha patrulla da Policía Local de Lugo acudiu a un inmoble da Calzada das Gándaras porque supostamente unha persoa golpeaba a porta de entrada do edificio.

Os axentes desprazados observaron que unha moza de 31 anos propinaba patadas á parte inferior da porta de entrada. Segundo lles manifestou, chamara a un piso para falar cun coñecido e non lle abría a porta. Así, comprobaron que fracturara o panel inferior e se queixaba de dor nunha perna, pero rexeitou asistencia sanitaria.

Finalmente, os policías identificaron o responsable da comunidade e tramitaron parte de intervención á espera da presentación da correspondente denuncia.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...