Home Lugo e contorna Lugo Morre un motorista despois dunha caída no centro urbano de Lugo

Morre un motorista despois dunha caída no centro urbano de Lugo

0
Morre un motorista despois dunha caída no centro urbano de Lugo
Sede do 112, Axega. 112

Un motorista faleceu na tarde deste martes tras sufrir unha caída coa moto que conducía na rúa Camiño Real da cidade de Ligo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou ás 18,00 horas de que unha UVI móbil desprazábase ata a zona para atender a unha persoa que caera dunha moto.

Deste xeito, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local, dos Bombeiros de Lugo e dos efectivos de Protección Civil da cidade.

Unha vez no punto, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 Galicia a morte do motorista.

+ posts