InicioCulturaRegresa o concurso escolar de recitado de poesía 'Rosalía sempre viva'

Regresa o concurso escolar de recitado de poesía ‘Rosalía sempre viva’

Numeroso alumnado de toda Galicia participará na VIª edición na xornada do sábado, día 19.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, ten xa todo preparado para acoller este sábado, 19 de marzo, a final da VIª edición do Concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva, dirixido a todo o alumnado de ensino non universitario de Galicia, desde 1º de Primaria ata 2º de Bacharelato.

Un certame cuxa fase previa se desenvolveu en centros educativos de Lugo, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Viveiro, Arbo, Compostela, Panxón, Xanceda, Cea, Rodeiro, Foz, Monterroso, Carballo, Rianxo, Ponteareas, Milladoiro, Vigo, Cambados, A Estrada, O Barco e Vilalba, dos que saíron os máis de medio centenar de finalistas que este sábado optan aos premios que concederá o xurado, composto por persoas do ámbito do ensino, do teatro e a poesía.

DESDE O 2015

O concurso Rosalía sempre viva iniciouse en 2015 co obxectivo de potenciar a expresión oral e a creatividade entre o alumnado galego a través do coñecemento e o recitado da poesía en galego de Rosalía de Castro e da ampla obra poética de Manuel María, dúas das voces máis importantes e populares da literatura galega. “Desde o primeiro ano a receptividade do certame e a resposta de participación foi moi salientable, rebordando todas as expectativas, e facendo preciso desenvolver o certame ao longo de toda a xornada para poder acoller a totalidade dos asistentes”, explican a través dunha nota. En 2020 o certame suspendeuse ante a situación socio-sanitaria motivada pola aparición da COVID, situación se prolongou en 2021.

QUENDA DE MAÑÁ E DE TARDE

Na presente edición o número de participantes volve ser “moi alto, mesmo supera o da última edición pre-pandemia”, sinalan. Por iso, a xornada estrutúrase en quendas de mañá e de tarde: durante a mañá recitarán as categorías 1 e 2, correspondentes ao estudantado de primaria, e durante a tarde a 3ª e 4ª categoría, que se corresponden con alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Os recitados da mañá darán comezo ás 11.30 e os da tarde ás 16.30. No decorrer da xornada, nos momentos de deliberación do xurado, organizaranse percorridos guiados polo interior da Casa-Museo Manuel María para os participantes, así como para o profesorado e familias que os acompañen.

ÚLTIMAS

Traballadoras da limpeza dea Lugo protestan ante o Parlamento pedindo a mediación da Xunta

Traballadores do sector da limpeza de Lugo trasladaron a súa protesta este martes ás...

Xaneiro, a data para poñer en marcha os servizos do centro integral de Saúde en Lugo

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña avanzou en sede parlamentaria a posta en...

Interceptan en Lugo a un home circulando sen permiso de condución

A Policía Local de Lugo interceptou este luns a un home que circulaba pola cidade e...

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...