InicioTerra CháGuitirizMorre unha muller de 71 anos nun accidente na A-6 ao seu...

Morre unha muller de 71 anos nun accidente na A-6 ao seu paso por Guitiriz

Foi necesario interromper o tráfico nun dos carrís en sentido da circulación a Lugo para asegurar as condicións de seguridade na zona. Varias persoas alertaron do sucedido, polo que o 112 avisou tamén a 061 e servizo de mantemento de estradas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 71 anos, veciña da Coruña, faleceu nun accidente na autovía A-6 ao seu paso polo municipio de Guitiriz, nun sinistro que deixa a outra muller ferida grave.

Segundo informa a Garda Civil, no punto quilométrico 528,6 (sentido Lugo), na parroquia de Trasparga, tivo lugar unha colisión entre dous turismos ás 12,50 horas deste sábado.

Nun dos coches viaxaba a muller que faleceu con outro tres ocupantes que resultaron ilesos, mentres no outro automóbil unha muller quedou ferida grave e o outro ocupante resultou ileso.

Segundo a información recollida polo 112 Galicia, os Bombeiros de Vilalba interviñeron para liberar a unha das persoas accidentadas, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos sinistrados.

Foi necesario interromper o tráfico nun dos carrís en sentido da circulación a Lugo para asegurar as condicións de seguridade na zona. Varias persoas alertaron do sucedido, polo que o 112 avisou tamén a 061 e servizo de mantemento de estradas.

+ posts

ÚLTIMAS

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

PPdeG e BNG suman os seus votos para que non prospere a moción de confianza en Vilalba

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), non superou este xoves a cuestión de...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...