InicioSociedadeLocalizado o octoxenario veciño do Páramo con feridas leves e desorientado

Localizado o octoxenario veciño do Páramo con feridas leves e desorientado

O home estaba nunha cuneta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Garda Civil atoparon ao home octoxenario veciño do Páramo ao que lle perderon o rastro durante a tarde do pasado xoves tendido nunha cuneta con feridas leves e signos de desorientación.

Así o informou o 112 Galicia, que relatou que tras o aviso dos axentes de seguridade ás 20,30 horas deste xoves pasado, contactouse coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Sarria e Portomarín para iniciar a procura, xunto coa Garda Civil.

Ao octoxenario, veciño de Mundín, no Páramo, perdéranlle o rastro despois de que saíse polo seu propio pé da residencia na que habita, concretaron as mesmas fontes de emerxencias.

Finalmente, o octoxenario foi localizado un pouco máis tarde, sobre as 21,00 horas, nunha cuneta con algúns rasguños e signos de desorientación, sinalaron as mesmas fontes. Por parte do 112, ademais, solicitouse a intervención dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...