InicioSucesosUnha manta eléctrica, probable orixe do lume que acabou cunha muller no...

Unha manta eléctrica, probable orixe do lume que acabou cunha muller no incendio de Lugo

Non se sabe aínda a orixe do lume.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha muller de 54 anos faleceu e dúas de 59 e 89 anos resultaron feridas tras declararse un incendio na súa vivenda na mañá deste martes na cidade de Lugo.

Segundo informaron o 112 Galicia e o 061, os feitos sucederon sobre as 6,00 horas deste martes nunha vivenda situada nun edificio de sete plantas da Avenida das Américas, en Lugo.

Foi una as persoas ocupante do inmoble quen chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda. No seu relato, indicou que o interior da súa casa estaba tomado polo fume e que non era capaz de precisar a súa orixe. Tras iso, por parte do CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, dos Bombeiros de Lugo e da Policía Local.

Ao chegar ao lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que unha persoa faleceu e que outras dúas foron trasladadas ao hospital en ambulancia. Ata o momento descoñécense as causas do incendio.

Unha vez dentro, segundo o relato do xefe de bombeiros, os efectivos de emerxencia advertiron “un incendio no interior dun salón, que previsiblemente estivo a arder toda a noite” e que xerara “moito fume” na estancia.

No salón topáronse con tres persoas que foron evacuadas. Unha delas, a pesar de que no momento de abandonar o piso tiña constancias vitais, faleceu a pesar dos intentos dos efectivos de Urxencias Sanitarias por reanimala.

O lume foi sufocado ao redor de “unha hora ou hora e media despois”. Os primeiros indicios apuntan a que a posible causa do lume sexa o uso dunhas mantas eléctricas, que foron localizadas na estancia afectada polas chamas.

En canto ás dúas mulleres feridas, de iniciais M.A.R. e O.R.D., Miguel Miguilla sinalou que “estaban estables” cando as sacaron da vivenda e que foron evacuadas de emerxencia ao HULA.

+ posts

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Asinado o convenio entre Deputación e concellos para asumir os custos das residencias provinciais

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asinou este venres cos alcaldes un...

Preocupación do SLG polas dúas plantas de biogás previstas en Abadín

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) mostrou a súa inquietude ante o proxecto de...