Home Lugo e contorna Lugo Identificado un individuo por agredir a un mozo cun vaso e a unha moza nun local de lecer nocturno de Lugo

Identificado un individuo por agredir a un mozo cun vaso e a unha moza nun local de lecer nocturno de Lugo

0
Identificado un individuo por agredir a un mozo cun vaso e a unha moza nun local de lecer nocturno de Lugo
Patrulla da Policía Local de Lugo

A Policía Local de Lugo identificou a un individuo por agredir cun vaso a un mozo e a unha moza no interior dun local de lecer nocturno da capital luguesa este pasado fin de semana.

Segundo relatou a Policía Local, durante a noite do sábado ao domingo pasado no centro histórico foi requirida unha patrulla por un mozo que manifestou que fora agredido por outro cun vaso no interior dun local de lecer nocturno da rúa Miño.

Nese mesmo momento, sinalan as mesmas fontes municipais, unha moza manifestou que fora agredida polo mesmo individuo. Ambos os lesionados presentaban feridas con sangue nas mans, polo que lles foi solicitada asistencia médica.

O presunto agresor foi localizado nas inmediacións do lugar, na Praza de Fernando Casas, e foi recoñecido polos dous denunciantes. Por iso, foi trasladado a dependencias policiais para a súa identificación, xa que se atopaba indocumentado, e para a instrución das dilixencias correspondentes.

+ posts