InicioSociedadeDenunciada por sexta vez en Lugo unha condutora sen permiso de conducir

Denunciada por sexta vez en Lugo unha condutora sen permiso de conducir

Axentes da Garda Civil xa a interceptaron e abríronlle dilixencias penais en 2009, 2011, 2015 e en dúas ocasións no ano 2021.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou unha muller, de 41 anos, que circulaba cun vehículo na avenida das Fontiñas sen ter o carné de conducir, que nunca chegou a sacar, segundo informa.

Os feitos producíronse o mércores durante os controis de alcoholemia. O vehículo foi inmobilizado e contra a condutora instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria.

Dáse a circunstancia que é o sexto delito que se lle investiga a esta condutora por estes mesmos feitos. Axentes da Garda Civil xa a interceptaron e abríronlle dilixencias penais en 2009, 2011, 2015 e en dúas ocasións no ano 2021.

Así mesmo, foi detectado un condutor que circulaba pola rúa Ramón Piñeiro e que presenta signos de embriaguez. Nas probas practicadas, arroxou un resultado positivo de 0,46 miligramos por litro.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...