Home Lugo e contorna Lugo Un accidente no centro de Lugo deixa unha moza ferida grave

Un accidente no centro de Lugo deixa unha moza ferida grave

0
Un accidente no centro de Lugo deixa unha moza ferida grave
Vehículo sinistrado na Rolda Fingoi, de Lugo, cuxos catro ocupantes resultaron feridos (unha delas grave) tras saírse da vía e envorcar.. POLICÍA LOCAL DE LUGO

Unha moza de 18 anos de idade, resultou con feridas graves ao envorcar un coche e impactar contra un farol en Lugo, nun sinistro no que tamén resultaron feridos o condutor e outros dous ocupantes do vehículo. Segundo informou a Policía Local de Lugo, o accidente ocorreu ás 4,50 horas da madrugada deste mércores, cando un coche que circulaba pola Rolda Fingoi saíu da calzada pola marxe dereita, impactando contra un farol e envorcando sobre un dos seus costados.

No interior do turismo viaxaban catro mozos . Unha delas, unha moza de 18 anos que ía nos asentos de detrás, resultou con feridas graves; outro mozo que tamén ía detrás sufriu feridas de prognóstico reservado; mentres que o condutor e o ‘copiloto’ tiveron feridas de pouca consideración.

Os feridos máis graves foron evacuados en ambulancia ao Hospital Lucus Augusti, mentres que o condutor foi sometido a unha proba de alcoholemia, que arroxou resultado negativo. No entanto, o instrutor do atestado, ao inspeccionar a zona e a posición do coche, así como os danos rexistrados, tramitou dilixencias por un presunto delito contra a seguridade viaria, por condución temeraria. O coche sinistrado foi retirado polo servizo de guindastre municipal.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts