InicioSucesosDesmantelado un novo punto de venda de marihuana

Desmantelado un novo punto de venda de marihuana

O veciño detido tiña antecedentes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa saúde pública, desmantelaron un novo punto de venda de marihuana nun operativo que se saldou cun home veciño da capital luguesa detido, que conta con innumerables antecedentes polos mesmos motivos.

Segundo informou a Policía, tivo coñecemento a través das queixas veciñais, dirixidas ao delegado de Participación Cidadá, que na rúa Camiño de Pipín un home supostamente se adicaba á venda polo miúdo de sustancias estupefacientes, onde era “habitual a trasfega de xente entrando e saíndo do portal a diferentes horas do día”.

A persoa sobre a que recaen as queixas veciñais e comerciais “é sobradamente coñecida polas Forzas e Corpos de Seguridade”, destaca a Policía, por ser detido por tráfico de drogas con anterioridade en 2013, no marco dunha investigación da Xulgado Instrución Número 1 de Lugo, por ser o encargado da distribución de marihuana na investigación levada a cabo sobre outras persoas.

Tamén foi detido pola Garda Civil no posto de Friol, onde se lle acusou de diferentes delitos e, entre eles, incide a Policía, “unha clara relación co tráfico de marihuana“.

Ademais, a este individuo realizáronselle varias actas de intervención de sustancia estupefaciente, segundo o establecido na Lei de Seguridade Cidadá. Recentemente, foi detido xunto co seu irmán, tras reunir indicios suficientes de que no domicilio da rúa Camiño de Pipín, de que se dedicaban á venda de haxix e marihuana.

Posteriormente, no ano 2018 foi detido este home e a súa esposa tras reunir indicios suficientes de que no domicilio de ambos dedicábanse á venda de marihuana. E realizouse un rexistro domiciliario da vivenda, onde se interveu marihuana e útiles para a pesada e manipulación da droga.

REXISTRO

Finalmente, a finais da semana pasada procedeuse de novo á detención do investigado por un delito de tráfico de drogas, concretamente marihuana.

Así mesmo, os axentes interviñeron no momento da detención máis de 14 doses. Con iso, resalta a Policía, de novo considérase desmantelado o punto de venda de marihuana situado na rúa Camiño de Pipín.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...