Un home faleceu este venres ao ser atropelado no municipio de Xermade, segundo informa o 112 Galicia.
Os feitos ocorreron no punto quilométrico 13 da estrada LU-861. Os servizos sanitarios desprazados ata o lugar só puideron confirmar o seu falecemento.
O 112 avisou, entre outros medios, á Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para ofrecer asistencia psicolóxica.