InicioSociedadeAuxilian a dous menores, un deles inconsciente, tirados en plena rúa

Auxilian a dous menores, un deles inconsciente, tirados en plena rúa

Un deles botaba escuma pola boca.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo tiveron que auxiliar a un menor, un adolescente de 16 anos de idade, que estaba inconsciente e tirado en plena rúa, concretamente no Carril do Mercado, no centro histórico da cidade.

Os feitos sucederon ás 23:30 horas do pasado sábado -28 de agosto- cando unha patrulla da Policía de Barrio foi avisada de que un mozo estaba tirado, inconsciente, na citada rúa. Ao chegar ao lugar indicado, os axentes comprobaron que o rapaz estaba inconsciente e con espuma nos beizos, con síntomas evidentes de ter bebido.

Ante o seu estado, decidiron solicitar “a presenza inmediata” dos servizos sanitarios de emerxencias. Ademais, mentres esperaban a chegada da ambulancia, os axentes conseguiron que o mozo recuperase a consciencia e colocárono en posición de seguridade.

Os sanitarios, tras comprobar o seu estado, tomaron a decisión de evacualo de urxencia a un centro hospitalario, acompañado polos seus pais, que se presentaron no lugar tras ser avisados do sucedido.

Esa mesma noite, ao redor de unha da madrugada, outro mozo foi trasladado ao HULA nunha ambulancia do 061, ao atopalo tirado na contorna do Atrio da Catedral de Lugo unha patrulla da Policía Local e comprobar que non podía incorporarse polos seus propios medios

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...