InicioLugo e contornaDetidos en Lugo dous homes con 100 doses de cocaína e heroína

Detidos en Lugo dous homes con 100 doses de cocaína e heroína

Outro home foi arrestado tras ser sorprendido vendendo droga, que ocultaba no oco dun anel

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a dous homes aos que atribúe a distribución de droga na zona A Milagrosa, e aos que se interviñeron un centenar de dose de heroína e cocaína.

Segundo fontes policiais, a detención produciuse esta semana, cando os afentes interceptaron os dous sospeitosos á súa chegada de Ferrol (onde mercaran a droga, para a súa posterior distribución na cidade de Lugo).

No momento do arresto, os dous homes levaban encima unhas 30 doses de cocaína e 70 de heroína. Ambos foron postos a disposición do xulgado, que acordou a posta en liberdade en tanto non se celebre o xuízo. Con esta intervención, a Policía dá por “pechado” un punto negro de venda de droga habitual no barrio da Milagrosa.

Por outra banda, nos últimos días, a Policía Nacional de Lugo tamén detivo a outro home, tamén por un delito contra a saúde pública, tras sorprendelo realizando varias vendas de sustancia estupefacientes (que levaba escondida nun oco dun anel).

A droga foi intervida aos compradores mentres que, ao arrestado, fóronlle incautados dous billetes de 10 euros, presuntamente procedentes da venda da sustancia ilícita.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...