InicioSucesosTres feridos nunha saída de vía en Castro de Rei

Tres feridos nunha saída de vía en Castro de Rei

Tres persoas resultaron feridas tras saír da vía co coche no que circulaban no municipio de Castro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas tras saír da vía co coche no que circulaban no municipio de Castro de Rei.

O accidente rexistrouse no lugar de Castro Ribeiras de Lea, ao fío das 08,00 horas e ata o punto desprazouse o 061, dado que os feridos necesitaban asistencia sanitaria.

O 112 Galicia remitiu o aviso, á súa vez, á Garda Civil de Tráfico.

Por outra banda, en Bueu, outro tres persoas resultaron feridas ao chocar o seu coche contra un muro, en concreto na EP-1301 á altura do punto quilométrico 26, sobre as 5,00 horas desta madrugada.

Ademais, un home tivo que ser trasladado a un centro hospitalario a pasada noite despois de caer do tractor que manexaba na Baña, nunha leira situada no lugar de Troitosende, pasadas as 21,00 horas do venres.

Nada máis ter coñecemento do accidente a través dunha persoa particular, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061, dos Bombeiros de Santa Comba e dos axentes da Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...