InicioSociedadePrisión para os dous detidos nun operativo antidroga con varios axentes feridos...

Prisión para os dous detidos nun operativo antidroga con varios axentes feridos en Lugo

Os axentes, pertencentes a unha patrulla e outro á Policía Xudicial resultaron con feridas de diversa consideración.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xulgado de Instrución número dun de Lugo en funcións de Garda decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para dous detidos este xoves nun operativo antidroga levado a cabo na cidade de Lugo no marco do cal resultaron feridos varios axentes.

Un deles está investigado por un delito contra a saúde pública. Ademais, ao segundo detido atribúeselle un delito contra a saúde pública, un de lesións e outro de atentado. Segundo informaron fontes xudiciais a Europa Press, os arrestados foron postos a disposición xudicial ao longo da tarde deste venres en Lugo.

En concreto, os feitos sucederon na tarde deste pasado xoves na rúa Luís Seoane do barrio lucense da Milagrosa no marco dunha investigación da Policía Jucial da Comisaría de Lugo. Tras resultar feridos dous axentes no transcurso do operativo foi avisado o 061, que mobilizou unha ambulancia aínda que finalmente non chegou a asistir.

Fontes próximas á investigación consultadas puntualizaron que os axentes, pertencentes a unha patrulla e outro á Policía Xudicial, non están hospitalizados e resultaron con feridas de diversa consideración.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...