InicioSucesosDetido por desobediencia e resistencia un mozo que facía botellón no Parque...

Detido por desobediencia e resistencia un mozo que facía botellón no Parque de Rosalía

O rapaz de 18 anos negouse a facilitar os seus datos persoais, forcexeou cos axentes e fuxiu do lugar ás carreiras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Policía Local de Lugo detivo un rapaz de 18 anos que se resistiu de forma grave aos axentes que se presentaron para auxiliar a outro mozo que sufrira unha intoxicación etílica mentres participaba nun botellón no Parque de Rosalía de Castro. O mozo mesmo logrou fuxir á carreira do lugar despois de forcexear cos policías.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, os feitos sucederon sobre as oito da tarde do pasado sábado, cando unha patrulla da Polícía Local se desprazou ás Costas do Parque para colaborar cos sanitarios do 061 que estaban a asistir a un mozo que sufrira unha intoxicación etílica.

Os axentes comprobaron que había un grupo de mozos sentados no campo que estaban a consumir bebidas alcohólicas. A maioría deles fuxiron do lugar ao ver como se aproximaban os policías, pero tres ou catro quedaron onde estaban.

RESISTENCIA

Cando a patrulla procedía á súa identificación, un deles, que estaba sen máscara e cunha bebida entre as pernas, nunha actitude de clara “desconsideración” cara aos axentes, negouse a facilitarlles os seus datos persoais.

Aínda que os policías lle pediron en varias ocasións que se identificase porque ía ser proposto para unha sanción por incumprir as medidas sanitarias contra a covid-19, negouse unha e outra vez a facilitar os seus datos persoais. Así, os axentes informárono de que, “de persistir na súa actitude”, ía ser trasladado a dependencias oficiais para a súa “plena identificación”.

Nese momento, tentou marchar do lugar, polo que tivo que ser suxeitado polos policías, “mostrando en todo momento unha resistencia activa e desobediencia manifesta ás ordes dos axentes”, informa a Policía Local.  De feito, cando xa estaba preto do vehículo policial, tirouse ao chan e contra o coche, ademais de forcexear cos axentes, ata que logrou soltarse e fuxir do lugar á carreira.

As investigacións realizadas posteriormente permitiron identificar ao mozo, que este domingo pola tarde -día 25- foi detido por desobediencia e resistencia grave a axentes da autoridade. A Policía Local instrúe as correspondentes dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...