InicioSociedadeUn acto virtual homenaxeará as vítimas do crime do Cash Record tras...

Un acto virtual homenaxeará as vítimas do crime do Cash Record tras 27 anos sen resolverse

As familias dos asasinados seguen "sen entender" os "cabos soltos" da investigación ao non tomárselle declaración ao que consideran o principal sospeitoso

PUBLICADA O

- Advertisement -

A familia dos dous asasinados a tiros no crime do Ceao, que segue sen esclarecerse 27 anos despois, volverán render unha homenaxe ás vítimas o 30 de abril, con motivo do aniversario do dobre crime.

Foi o 30 de abril de 1994 cando se acharon os corpos de Esteban Carballedo, que era repoñedor na nave do Cash Record no polígono industrial de Lugo, e Elena López, caixeira en dito negocio. A irmá desta última, Isabel, foi quen achou os cadáveres de ambos, que presentaban varios tiros con arma de fogo.

Isabel López comentou que a homenaxe vai ter que realizarse “a través das redes”, e non “presencialmente” como fixeron nos últimos anos, tamén a modo de protesta pola “errada” investigación que levou a Policía Nacional e que “deixou moitos cabos soltos”, explicou. “Queremos divulgar que a investigación está como está, a ver se se move un pouco máis”.

AVANCES NA INVESTIGACIÓN

Agora a Audiencia Provincial de Lugo leva a instrución e o “último” que saben as familias é que “o fiscal autorizou todas as dilixencias” que pedía o avogado e que pasaban pola toma de declaracións a distintas testemuñas, indicou.

Unha das persoas que ía declarar, que pensabamos que era unha peza importante no proceso, faleceu. Vánsenos caendo as pistas, pero nós seguiremos a ver o que se decide”, lamentou a irmá da falecida.

As familias do dobre crime seguen considerando como autor a un hostaleiro do centro de Lugo, que sería confidente da Policía Nacional, e que agora reside en Burgos. Isabel López quéixase porque segue “sen entender” que non se lle tome declaración ao “principal” sospeitoso. “Un dos cabos é ese e non sabemos porque non tiran del. Imos seguir presionando a ver se dalgunha maneira pode tomárselle declaración”, esgrimiu.

A pandemia paralizou esta investigación, que comezou nun xulgado de Primeira Instancia e ante a ausencia de avances finalmente foi a Audiencia Provincial de Lugo a que asumiu o caso.

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio forestal e de Pantón que calcinou 31 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado un incendio forestal rexistrado...

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...