Ferida unha muller nunha saída de vía en Guitiriz

O accidente rexistrouse na curva de Roca, sentido Begonte.

(Arquivo) Sala de emerxencias do 112 Galicia
(Arquivo) Sala de emerxencias do 112 Galicia

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía o vehículo no que circulaba ao seu paso por Guitiriz. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugarr na N-VI, na curva de Roca, sentido Begonte.

Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 sobre as 9,30 horas para informar dun turismo envorcado á altura do punto quilométrico 534 da N-VI. Logo diso, o 112 pasou aviso aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Vilalba, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Así mesmo, alertou aos efectivos de Protección Civil da localidade e ao persoal de mantemento das estradas.

Tras comprobarse que a ferida se atopaba liberada e accesible, o equipo sanitario desprazado ata o lugar procedeu a prestar asistencia á muller e trasladala a un centro hospitalario.