InicioSucesosO Concello de Lugo: "O alcance do incendio non garda relación coa...

O Concello de Lugo: “O alcance do incendio non garda relación coa presión da auga no polígono”

Álvaro Santos achaca as graves consecuencias ao tipo de materiais "altamente inflamables" que había nas naves e ás condicións climatolóxicas que fixeron "incontible" a progresión das chamas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo desvinculou o alcance do incendio no polígono do Ceao á presión da auga para sufocalo. No canto diso, atribuíu as importantes consecuencias do lume aos materiais que arderon e á escasa distancia entre naves.

O aínda edil de Medio Ambiente, Álvaro Santos, asegurou que dende que se decretou o incendio, o subministro de auga “estivo garantido”. “A envergadura do incendio e, sobre todo, as consecuencias que tivo, non gardan ningunha relación coa presión nin co caudal de auga dos hidrantes do polígono, que se atopa abastecido cun depósito propio”, indicou.

Así, conclúe que “todo apunta a que a extensión da superficie que se viu afectada polas chamas obedece á elevadísima carga térmica do foco que as propiciou e que, axudada polas condicións climatoloxóxicas, facía incontible a progresión das chamas”.

Tamén foi determinante, asegurou, o “tipo de materiais, altamente inflamables, que se almacenaban nestes negocios, entres os que apenas existía separación que actuase como cortalumes”, resaltou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...