InicioSucesosMorre unha persoa tras saír da vía o turismo no que circulaba...

Morre unha persoa tras saír da vía o turismo no que circulaba en Abadín

Saíu da vía co seu vehículo cando circulaba á altura da igrexa da parroquia de Candia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu na mañá deste mércores tras saírse da vía co seu vehículo cando circulaba á altura da igrexa da parroquia de Candia, no concello de Abadín. Segundo informou o 112 Galicia, tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada de alerta dunha persoa particular cando estaban a piques de dar as 8,00 horas deste mércores.

Segundo a información facilitada pola testemuña do sinistro, a persoa estaba inconsciente, pero liberada e accesible, despois de sufrir unha saída de vía co seu turismo.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, debido á gravidade das lesións, comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Así mesmo, os Bombeiros de Vilalba e axentes da Garda Civil de Tráfico tamén foron avisados polos xestores do 112 por mor deste accidente de tráfico. Ao chegar ao lugar do sinistro, os equipos de intervención soamente puideron confirmar o falecemento da única persoa ocupante do turismo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...