InicioSucesosDetido en Lugo por agredir outro home na rúa cunha muleta e...

Detido en Lugo por agredir outro home na rúa cunha muleta e ameazalo cunha navalla

A Policía Local achegouse a Bispo Aguirre, lugar da liorta, e comprobou que o ferido "sangraba abundantemente pola boca". Foi trasladado ao Hula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo un individuo por agredir nunha rúa da cidade a outro cunha muleta e ameazalo cunha navalla tras darlle puñadas.

Segundo relatou a Policía Local de Lugo, o suceso ocorreu sobre as 21,00 horas do pasado 25 de febreiro. Unha patrulla acudiu á rúa Bispo Aguirre porque, segundo chamadas recibidas na Sala do 092, producíase unha pelexa.

Os axentes desprazados comprobaron que a liorta se produciu entre tres individuos, un dos cales “sangraba abundantemente pola boca” e presentaba, concretan as mesmas fontes policiais, “un corte inciso no nariz“. Este manifestou que outro dos integrantes do grupo lle dera unhas puñadas e que o golpeara cunha muleta, ademais de ameazalo cunha navalla.

Por iso, os policías procederon ao rexistro deste individuo, ao que localizaron unha navalla de oito centímetros de folla escondida no interior do seu paraugas e que “presentaba restos de sangue”. Este individuo recoñeceu que era da súa propiedade.

Finalmente o ferido foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo nunha ambulancia do 061 e o autor dos feitos foi detido e levado a dependencias policiais para a instrución das dilixencias, remitidas ao xulgado de garda.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...