InicioLugo e contornaMorre un home de 62 anos nun accidente de tráfico en Outeiro...

Morre un home de 62 anos nun accidente de tráfico en Outeiro de Rei

Un home de 62 anos faleceu nun accidente de tráfico ocorrido sobre as 22,15 horas do venres na N-V, en sentido A Coruña, a un cinco quilómetros da localidade lucense de Outeiro de Rei.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 62 anos faleceu nun accidente de tráfico ocorrido sobre as 22,15 horas do venres na N-V, en sentido A Coruña, a un cinco quilómetros da localidade lucense de Outeiro de Rei.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o único vehículo implicado no sinistro acabou fóra da vía tras envorcar, polo que acudiron ao lugar os bombeiros de Vilalba, que empregaron material de excarceración para liberar ao home, que quedara atrapado no interior do vehículo.

Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitarias aínda que non puideron facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no punto, tal e como confirmaron fontes sanitarias.

Ademais, conforme sinalou o CIAE 112 Galicia, no vehículo viaxaba outra persoa que non necesitou recibir asistencia sanitaria. Á zona do accidente tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

ACCIDENTE ENTRE UN COCHE E UNHA MOTO EN LUGO

Por outra banda, en Lugo, un motorista resultou ferido de consideración na mañá deste sábado despois de chocar contra un turismo na Estrada Vella de Santiago, á altura do número 82.

Conforme á información do 112, un particular informou o accidente sobre as 8,00 horas, tras o que se puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros de Lugo e de Protección Civil.

Segundo os datos do 112 Galicia, o motorista foi finalmente trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...