InicioSucesosDetido un veciño de Baralla que finxiu ser inspector de Facenda para...

Detido un veciño de Baralla que finxiu ser inspector de Facenda para roubar nunha casa

Os feitos tiveron lugar en outubro do pasado ano no domicilio de dúas persoas maiores no concello de Portomarín.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo un veciño de Baralla de 45 anos de idade como presunto autor dos delitos de tentativa de furto e usurpación de identidade tras facerse pasar por inspector de Facenda para roubar na vivenda de dúas persoas de idade avanzada.

Segundo informou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar o pasado mes de outubro no termo municipal de Portomarín cando a persoa detida supostamente finxiu ser inspector de Facenda para acceder a un domicilio onde residen dúas persoas maiores. Alí rexistrou varias estancias sen autorización dos seus moradores.

A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...