InicioPolíticaO BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en...

O BNG apoiará a mobilización de usuarios nas residencias das Gándaras, en Lugo

Apunta o BNG que As Gándaras ten 218 prazas, das que 160 corresponden con habitacións dobres. Así, o proxecto de obra da Xunta "non prevé construír máis habitacións individuais"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira do BNG no Concello de Lugo Cristina López sumouse á nova mobilización dos usuarios da residencia das Gándaras que seguen reclamando unha “maior comunicación” coa Xunta ante as obras de remodelación do edificio.

Tal e como trasladou o Bloque nunha nota de prensa, López afirmou que a acción da formación no Parlamento conseguiu que se aprobase unha proposición para instar á Xunta a abrir un espazo de diálogo cos usuarios para escoitar as súas opinións.

As obras previstas no centro van supor uns cambios que, segundo os usuarios, “minguan o seu dereito á intimidade e á privacidade”, especialmente o das persoas que comparten habitación, que son a maioría.

Apunta o BNG que As Gándaras ten 218 prazas, das que 160 corresponden con habitacións dobres. Así, o proxecto de obra da Xunta “non prevé construír máis habitacións individuais”, senón que as actuacións van encamiñadas a reorganizar os espazos, “reducindo o espazo actual e deixando as camas separadas por unha mesilla de noite”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...