InicioSucesosA Garda Civil vincula ao 'Luciérnaga' máis de 90 roubos cun valor...

A Garda Civil vincula ao ‘Luciérnaga’ máis de 90 roubos cun valor de medio millón de euros

O ladrón permanece en prisión logo de protagonizar un asalto a un concesionario en Chantada, mais no seu historial figuran unha chea de subtraccións en locais hostaleiros, tendas ou mesmo unha clínica veterinaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo pechou a investigación sobre un mozo de nacionalidade romanesa alcumado ‘O Luciérnaga’ ou o ‘Solitario’, ao que se atribúen máis de 90 roubos estimados en case medio millón de euros.

Tras un ano de pequisas, a Policía Xudicial da Garda Civil de Monforte, encargada do caso, clausurou a investigación contra este home, detido en setembro de 2019 tras protagonizar un asalto a un concesionario de Chantada. Desde daquela, ‘O Luciérnaga’ atópase na prisión da Mansilla de las Mulas á espera de render contas polos delitos que se lle imputan desde 21 xulgados diferentes, a maioría en Galicia e na comunidade de Castela e León.

O ‘MODUS OPERANDI’

Segundo relata un dos axentes que participou na detención deste individuo, o ‘Luciérnaga’ cruzou a fronteira española desde Irún para trasladar o seu campo de acción a Galicia, en concreto á provincia de Lugo.  Procedía de Paris e no seu historial acumulaba roubos e asaltos a establecementos no seu país de orixe, segundo contrastaron os investigadores coa información sumnistrada por Europol.

O Instituto Armado considera que detrás do ‘Luciérnaga’ non hai “ningún” grupo organizado, senón que actuaba sempre en solitario. O seu ‘modus operandi’ consistía en aparcar o seu coche, un Volkswagen gris, nunha zona apartada, desde onde se dirixía ás localidades onde cometía os roubos.

De feito, os investigadores determinan que durmía no vehículo, xa que só acreditaron dúas pernoctaciones en pensións de Galicia durante os seis meses nos que, supostamente, actuou na comunidade.  Ataviado cun chapeu de pescador e ocultando o seu rostro cun pasamontañas, accedía aos establecementos sempre entre as 03,00 e as 06,00 horas da madrugada. Facíao despois de inspeccionar os locais para detectar se contaban con alarmas ou sistemas de seguridade.

MEDIO MILLÓN DE EUROS

‘O Luciérnaga’, que nos seus perfís de redes sociais mostrábase como un experto en artes marciais e boxeo, empregaba “tácticas habituais de grupos militares, reptando polo chan” para acceder aos locais onde perpetraba os roubos e que ían desde os concesionarios de coches a tendas de roupa, restaurantes, bares e mesmo unha clínica veterinaria.

En total, os investigadores estiman que este individuo chegou a subtraer efectos valorados en máis de medio millón de euros cunha media dun “catro ou cinco mil euros” en cada un dos máis de 90 golpes que se lle atribúen.

A operación que terminou coa súa detención en setembro de 2019 recibiu o nome de ‘Tropilates’ debido ao nome dun bar e unha xeadería de Chantada onde se detectou a súa actividade por primeira en vez en Galicia. Daquela foi cando foi alcumado como ‘O raposo’.

A Garda Civil dá por concluída a investigación, no que á súa demarcación corresponde, aínda que recoñece que podería intervir a Policía Nacional no esclarecemento doutros delitos deste mozo romanés que, segundo a Benemérita, ostenta o record de roubos actuando sempre “só”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...