InicioSucesosUn condutor sen carné saltou o peche perimetral en Lugo acompañado de...

Un condutor sen carné saltou o peche perimetral en Lugo acompañado de dous non conviventes

A Policía Local de Lugo tamén o propuxo para sanción por non levar posta a máscara obrigatoria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou un condutor sen carné que ía sen máscara cando levaba a dúas persoas non conviventes mentres saltaba o peche perimetral sen ter causa xustificada para estar na cidade luguesa.

Segundo relatou a Policía Local, nun dos controis realizados na tarde do martes 9 de febreiro para cumprir a normativa Covid-19 efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio interceptaron un turismo cuxo condutor carecía de permiso pola perda total dos puntos. Debido a iso instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

Ademais, comprobouse que este condutor entrara no municipio de Lugo procedente doutro termo municipal “sen causa xustificada”, destacaron as mesmas fontes, polo que foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia e proposto para sanción de 500 euros.

Tamén foi denunciado por atoparse no interior do vehículo con outras dúas persoas non convivientes, o que supón outra multa de 500 euros, así como por non utilizar a máscara de protección obrigatoria, con multa de cen euros.

A Policía Local lembra que o delito por conducir a pesar da perda total dos puntos está castigado no Código Penal con pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de 12 a 24 meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

OUTRAS DENUNCIAS

Por outra banda, noutros controis levados a cabo para velar polo cumprimento das medidas para frear a Covid-19, a Policía Local tramitou outras seis denuncias, tres delas por incumprimento das condicións para a permanencia de grupos de persoas, “ao detectar non conviventes”, polo que se propuxeron para sanción de 500 euros.

A estas súmanse dúas actas de denuncia por non facer uso da máscara de protección, o que supón unha sanción de cen euros; e outras por entrar no termo municipal de Lugo sen causa xustificada.

OUTRO CONDUTOR DENUNCIADO

Así mesmo, foi identificado outro condutor por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por “desobediencia e falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións”. Neste caso foi proposto para sanción de entre 601 e 30.000 euros e elevada a denuncia á Subdelegación do Goberno como órgano competente, indicou a Policía Local.

ÚLTIMAS

O Goberno financia con case un millón de euros a reforma integral do Concello de Vilalba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes Vilalba para supervisar,...

O PP pedirá a reprobación de Tomé nos plenos da Deputación e dos concellos de Lugo e Monforte

O Partido Popular de Lugo anunciou que nos próximos plenos da Deputación de Lugo,...

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu nun armario

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que...

Vilalba vive unha Feira do Capón multitudinaria pese ao frío

Máis de mil persoas participaron este domingo en Vilalba nunha nova edición da Feira...