InicioSucesosDetidos dous homes por roubar a un menor e facer botellón en...

Detidos dous homes por roubar a un menor e facer botellón en pleno toque de recoller

Os homes subtraeron un anel á vítima e tentaron quitarlle o móbil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, en servizo de radiopatrullas e noites, localizaron e detiveron a dous homes de 22 e 30 anos, con domicilio neste municipio e con antecedentes polos mesmos feitos, tras subtraer un anel a un menor e tentar roubarlle o móbil. Foron detidos cando facían botellón nun xardín próximo en pleno toque de recoller.

Segundo informou a Policía Nacional, na noite deste luns, a través da sala do 091 recibiuse unha chamada para solicitar a presenza policial na zona comprendida entre a rúa San Roque e a Avenida Fontiñas, xa que un mozo fora victima dun roubo con violencia.

Unha vez personadas as dotacións en servizo no lugar, o pai do menor e o menor manifestaron que dous homes, aos cales describiron, tentaran roubarlle o móbil cando se dirixía ao seu domicilio, e no forcexeo leváronlle un anel.

Con estes datos, a Policía procedeu a controlar a zona por se de puidesen localizar aos autores. Así, ás 23,30 horas –co toque de recoller en vigor–, unha das dotacións nun parque da zona escoitou a dúas persoas que falaban, polo que se apearon do vehículo policial e se achegaron ao lugar, relataron as mesmas fontes.

Os axentes viron aos dous individuos que foron detidos que se atopaban “falando e bebendo no lugar”. Como a descrición coincidía “totalmente coa achegada pola vítima”, destacou a Policía, os axentes procederon a realizarlles un cacheo.

Deste xeito, os policías acharon o anel que foi roubado con anterioridade, polo que se procedeu á súa detención e traslado a dependencias policiais, onde se elaborou o atestado que será remitido á autoridade xudicial na mañá deste martes xunto cos detidos.

Tamén se lles propón para sanción polo incumprimento do toque de recoller, así como por portar unha arma branca escondida segundo o establecido na Lei de Seguridade Cidadá.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...