InicioSucesosDenunciados sete comercios de Lugo por incumprir o horario de peche

Denunciados sete comercios de Lugo por incumprir o horario de peche

Enfróntanse a unha proposta de sanción de 500 euros por manter a súa actividade máis aló das 18:00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron onte martes os propietarios de sete establecementos comerciais da cidade por superar o horario de peche decretado polas autoridades sanitarias e manter a súa actividade máis aló das 18:00 horas. Para cada un dos supostos infractores, proponse unha sanción de 500 euros.

As denuncias foron cursadas no marco do dispositivo despregado pola Policía Local de Lugo para garantir o cumprimento das medidas ditadas pola Xunta de Galicia para frear a pandemia.

Tamén foi denunciado outro cidadán por entrar ou saír do municipio de Lugo, que do mesmo xeito que os demais en Galicia permanece pechado perimetralmente. Tamén el se enfronta a unha proposta de sanción de 500 euros.

A mesma cantidade podería ter que pagar outro cidadán que foi denunciado por saltar o toque de queda, fixado entre as 22:00 e as 06:00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...