InicioSucesosDetido por roubar maquinaria valorada en 6.000 euros no polígono industrial de...

Detido por roubar maquinaria valorada en 6.000 euros no polígono industrial de Meira

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo un veciño de Lugo de 40 anos de idade como presunto autor dun delito de roubo con forza nas cousas por subtraer maquinaria valorada en 6.000 euros no polígono industrial de Meira.

Segundo relatou o Instituto Armado, os feitos tiveron lugar nunha nave situada no polígono industrial de Meira o pasado mes de setembro. Esta persoa detida en relación con este roubo foi posta a disposición xudicial.

Por outra banda, a Garda Civil detivo na localidade de Lugo o presunto autor de dous delitos de furto, un deles en grao de tentativa, cometidos o pasado mes de decembro no termo municipal de Láncara.

Supostamente dita persoa subtraeu dúas motoserras nunha explotación gandeira e tentou levar unha ingletadora nun alpendre anexo a unha vivenda. Foi posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...