InicioSucesosDenunciadas sete persoas por incumprir o toque de queda en Lugo

Denunciadas sete persoas por incumprir o toque de queda en Lugo

A partir da madrugada deste venres, non se poderá saír da casa entre as 22:00 e as 6:00 horas sen causa xustificada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un total de sete persoas foron denunciadas pola Policía Local de Lugo por incumprir o toque de queda na madrugada deste xoves na cidade.

Diso informou o Concello lucense nun comunicado, no que sinala que as persoas foron sorprendidas circulando por rúas como a Avenida da Coruña, Santo Graal, Mar Cantábrico e Illas Cíes “a altas horas da madrugada”.

A Policía local, que explica que unha das denuncias se interpuxo pasadas as 3,00 horas da madrugada, lembra que o toque de queda está en vigor ata este xoves entre as 23,00 horas e as 6,00 horas. A partir do venres, adiántase unha hora, desde as 22,00 horas. Ademais, lembra que o seu incumprimento pode implicar multas de entre 601 a 30.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...