InicioSucesosTrasladan a unha muller e ao seu bebé con síntomas de intoxicación...

Trasladan a unha muller e ao seu bebé con síntomas de intoxicación por mala combustión en Lugo

A avaría podería estar nunha panadería situada no baixo do edificio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O mal funcionamento dun forno ou dunha caldeira dunha panadaría situada no baixo dun edificio en Lugo é, probablemente, a causa pola cal unha muller e o seu bebé tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios ao presentar síntomas de intoxicación por monóxido de carbono.

Segundo informou o 112-Galicia, todo comezou ao fío das 13,00 horas, cando un dos membros dunha das vivendas dun edificio situado na Estrada Vella de Santiago, en Esperante, chamou a emerxencias para informar da situación.

Indicaba que toda a familia, de sete membros, levantáronse cos mesmos síntomas (mareos, vómitos…), que as paredes da casa estaban ennegrecidas e que había cheiro a plástico queimado.

Desde o 112 Galicia informouse ao 061, que confirmou que na vivenda residían sete persoas e só unha muller e o seu bebé tiveran que ser trasladados. Ademais, indicaron que unha ambulancia medicalizada atopábase no punto por se fose precisa algunha outra intervención. Ademais, foron mobilizados os Bombeiros de Lugo, a Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Tras facer as correspondentes medicións, os Bombeiros indicaron que se tratou dunha intoxicación por monóxido de carbono que afectou a todos os pisos do inmoble debido, posiblemente, ao mal funcionamento dun forno ou da caldeira dunha panadaría situada no baixo do edificio. Por iso, comunicaron que ao longo da tarde volverán facer novas medicións, mentres os técnicos non confirmen a avaría.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...