InicioSociedadeInterceptado tras case quintuplicar a taxa máxima de alcol en Lugo

Interceptado tras case quintuplicar a taxa máxima de alcol en Lugo

Varios dos accidentes dos últimos días na capital provincial foron provocados por persoas borrachas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a pasada semana a un home que circulaba de forma errática pola cidade e que case quintuplicaba a taxa máxima de alcol permitida para a condución.

En concreto, unha patrulla detectou ao home, ás 23,30 horas do pasado mércores, circulando de forma “irregular” na rúa López Guntín, polo que procederon a darlle o alto. Tras observar que o home presentaba síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol, foi sometido a unha proba, que arroxou unha taxa de 1,15 mg/l, isto é, case cinco veces a máxima establecida.

Por iso, fóronlle instruídas dilixencias por un delito contra a seguridade viaria. O condutor, explicou a Policía, enfróntase a unha pena de prisión de tres a seis meses ou cunha multa e, en calquera caso, coa privación do dereito de conducir vehículos por entre un e catro anos.

ALCOHOLEMIAS TRAS ACCIDENTES

Por outra banda, a Policía Local de Lugo detectou tamén estes días outros positivos por consumo de alcol por mor de accidentes producidos na cidade. Entre eles, na madrugada do pasado mércores unha patrulla acudiu á Avenida Infanta Elena, onde un vehículo perdera o control, derrubando un sinal de tráfico e chocando lateralmente contra un farol. O condutor deu positivo na proba de alcoholemia á que foi sometido.

Así mesmo, tamén deu positivo, esta vez por consumo de alcol e de cocaína, o condutor dun vehículo que, o pasado sábado, ocasionou un accidente de circulación na Avenida Ramón Ferreiro, onde chocou con dous coches aparcados.

Finalmente, sobre as 19,00 horas do domingo, o equipo de Atestados desprazouse ata a rúa Hermanitas, onde se produciu un accidente de tráfico. O condutor tamén deu positivo na proba de alcoholemia.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

A Deputación reafirma o seu compromiso coa residencia de maiores de Becerreá

A Deputación Provincial de Lugo reafirma o seu compromiso coa apertura da residencia de...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

Arranca en Vilalba a nova programación feminista da Deputación co dúo cómico Sobria e Serena

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, asistiu este domingo no auditorio...