InicioSucesosConduce a 240 km/h pola A-6 e presume da temeridade cun vídeo...

Conduce a 240 km/h pola A-6 e presume da temeridade cun vídeo nas redes sociais

A Garda Civil identificou o autor dos feitos, que circulaba con exceso de velocidade nun tramo de Begonte considerado de risco pola alta sinistralidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un home de 45 anos residente na Coruña foi identificado tras difundir un vídeo nas redes sociais no que se vía que circulaba a 240 quilómetros por hora nun tramo da A-6 á altura de Begonte.

Segundo informa a Garda Civil, as imaxes gravadas polo propio condutor amosan que superaba os 230 km/h e que mesmo chegaba a alcanzar os 240 km/h. Ademais, a zona pola que circulaba está considerada “de risco” debido aos numerosos sinistros alí rexistrados, principalmente por exceso de velocidade. Precisamente as autoridades instalaron nesa zona un radar de control de velocidade co fin de rebaixar a accidentalidade.

Tras detectar o vídeo, os axentes identificaron o lugar e a data de gravación, o vehículo utilizado e, finalmente, ademais, o condutor, acusado dun delito contra a seguridade viaria.

O home terá que comparecer nun xuízo rápido nos próximos días no Xulgado de Vilalba. Podería enfrontarse a unha pena de tres a seis meses de prisión.

+ posts

ÚLTIMAS

A edil non adscrita, María Reigosa, permite aprobar os orzamentos de Lugo co seu voto

O goberno local de Lugo logrou sacar adiante de forma definitiva os orzamentos para...

O PSdeG acusa á Xunta de “falta de planificación” ante a “deterioración” da Atención Pirmaria en Lugo

O PSdeG advertiu este xoves do progresivo empeoramento da atención primaria na provincia de...

O xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que vulneraba o dereito do BNG a defender as súas emendas

A maxistrada da praza 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de...

O Plan Deputación prevé 300 actuacións e máis de 270 novos empregos nos 67 concellos

O goberno provincial de Lugo levará ao pleno ordinario do mes de marzo o...