InicioLugo e contornaOuteiro de ReiO xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que...

O xulgado anula unha ordenanza do Concello de Outeiro de Rei que vulneraba o dereito do BNG a defender as súas emendas

A sentenza sostén que conceder 30 segundos por emenda para defender as súas propostas "non obedece a criterios de razonabilidad"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A maxistrada da praza 1 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo estimou o recurso interposto polo concelleiro e portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) fronte ao Concello de Outeiro de Rei e, en consecuencia, declara a nulidade do acordo do pleno celebrado o 26 de xuño de 2025 de aprobación inicial da Ordenanza Reguladora do Viveiro de empresas do Concello.

Na sentenza, a maxistrada entende que se vulnerou o dereito fundamental a participar nos asuntos públicos nun pleno municipal, xa que non se permitiu a adecuada defensa de emendas presentadas polo seu grupo ao dar un total de cinco minutos, 30 segundos por emenda, para presentar as súas propostas.

Así, o Tribunal de Instancia determina que o tempo concedido para a defensa das emendas foi insuficiente e que non se garantiu un debate real, o que, apunta, “conduce á nulidade do acordo adoptado no pleno”.

“Hase de chegar á convicción xudicial de que o grupo municipal do BNG non puido exercer o dereito fundamental recoñecido no artigo 23.3 da Constitución no tocante exclusivamente á defensa das emendas presentadas”, sostén o fallo, no que se recalca que “a concesión dos 5 minutos (30 segundos por emenda) para defender as modificacións e adicións propostas non obedece a criterios de razonabilidad, posto que “obxectivamente non permite realizar unha exposición e defensa real”.

Por iso, sinala que se está en condicións de afirmar que “se limitou o dereito do BNG a que as propostas puidesen ser debidamente escoitadas no pleno e, polo tanto, debatidas e votadas”.

Ademais, engade que as facultades do alcalde “non son absolutas, e tendo en conta a falta dun regulamento específico no municipio, os criterios que ha de adoptar deben ser respectuosos coas funcións dos representantes políticos, garantindo a súa participación real”.

Desta forma, conclúe que, neste caso, “impediuse de forma arbitraria que existise un debate real sobre as 10 emendas presentadas, pois o tempo concedido baleirou de contido o dereito da representante do BNG para expor e defender as emendas presentadas”.

A sentenza non é firme, xa que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...