InicioSucesosLocalizan un condutor que fuxiu tras chocar contra un motorista e deixalo...

Localizan un condutor que fuxiu tras chocar contra un motorista e deixalo ferido grave

O accidente ocorreu en setembro na rúa Xosé Castiñeira. O autor dos feitos enfróntase a un delito contra a seguridade viaria e a outro de lesións por imprudencia grave con vehículo de motor. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha investigación da Policía Local de Lugo permitiu localizar o condutor dun turismo que se deu á fuga tras chocar contra un motorista e deixalo ferido de gravidade.

O accidente ocorreu a finais de setembro na rúa Xosé Castiñeira. O coche circulaba polo Paseo dos Estudantes e avanzou cara á citada rúa sen deterse no sinal de STOP. Así, bateu frontalmente cunha motocicleta de gran cilindrada, cuxo condutor tivo que ser evacuado ao servizo de urxencias do HULA debido ás lesións provocadas.

O causante do sinistro ausentouse do lugar sen agardar, sen prestarlle auxilio á outra persoa e sen facilitar os seus datos. A pesar de que nese momento había bastante xente na rúa, ningún dos presentes puido axudar a identificar o condutor do vehículo.

Así, o equipo de atestados da Policía Local de Lugo activou un dispositivo de rastrexo exhaustivo, durante o cal se visionaron gravacións de cámaras de vixilancia da cidade, entre outros. A Policía comprobou que o home vendera o turismo no que circulaba só días despois do accidente. Así e todo, a investigación resultou coa identificación do autor dos feitos, que agora se enfronta a un delito contra a seguridade viaria e a outro de lesións por imprudencia grave con vehículo de motor. 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...