InicioSucesosFeridos dous octoxenarios tras un aparatoso choque nun túnel da A-6 en...

Feridos dous octoxenarios tras un aparatoso choque nun túnel da A-6 en Baralla

Os dous anciáns foron trasladados ao Polusa tras bater contra as pranchas de ferro que transportaba o camión contra o que colisionaron.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Dous octoxenarios resultaron feridos esta mañá nun aparatoso accidente que se produciu por unha colisión nun túnel da A-6 ao seu paso polo municipio de Baralla. Ao parecer, o vehículo no que circulaban chocou contra un camión e bateu contra as pranchas de ferro que este transportaba.

O accidente produciuse ás 10:41 horas, segundo informou o 112, concretamente no túnel de Neira de Rei. Por mor da colisión o camión perdeu parte da carga de valos metálicos, que rematou ciscada pola autovía.

O 061 evacuou ao hospital Polusa de Lugo a un home de 88 anos de idade, con iniciais J. N. F, e a outro de 82, M. N. F. O 112 tamén mobilizou os Bombeiros de Sarria, o GES de Becerreá e a Garda Civil de Tráfico, que tivo que regular a circulación en sentido A Coruña, dado que un dos carrís aínda permanece pechado.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...