InicioSucesosAsalto en Xermade: atan de pés e mans a un veciño, golpéano...

Asalto en Xermade: atan de pés e mans a un veciño, golpéano e róubanlle 200 euros

A Garda Civil abriu unha investigación e trata de localizar os autores do roubo con violencia na parroquia de Cazás.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil abriu unha investigación e trata de localizar os autores do roubo con violencia a un veciño da parroquia de Cazás, en Xermade, que foi atado de pés e mans e golpeado por tres homes.

Segundo fontes da investigación, os feitos producíronse o pasado 4 de novembro de novembro. Ese día tres homes encapuchados e con luvas asaltaron un veciño de 66 anos de idade cando estaba nunha leira da súa propiedade, no lugar de Sé, na parroquia de Cazás (Xermade).

Á vítima atárona, amordazárona e vendáronlle os ollos. Obrigárono a ir á vivenda, situada a poucos metros da leira. O home replicoulles que non podía camiñar, polo que os asaltantes decidiron montalo nunha carretilla. Xa na casa, volveron golpealo, aínda que sufriu lesións leves. Os ladróns fixéronse cun botín de 200 euros.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...