InicioSucesosUn bar de Lugo estaba aberto e con catro clientes dentro a...

Un bar de Lugo estaba aberto e con catro clientes dentro a pesar do obrigatorio peche temporal

A Policía Local tamén multou cinco persoas que incumprían o peche perimetral ao tentar entrar na cidade sen aportar xustificación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou o responsable dun bar de Lugo por ter o local aberto e incumprir así as restricións impostas pola Xunta, segundo as cales se decretou o peche temporal do sector hostaleiro durante alomenos un mes.

Segundo informou a Policía Local, este mércores, 11 de novembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio realizaron controis para comprobar o cumprimento das normas e restricións. Foi así cando se comprobou que un local da rúa Pintor Villamil / Yáñez Rebolo se atopaba aberto e con catro clientes no seu interior.

Por unha banda foi denunciado o responsable do local hostaleiro e, pola outra, os axentes tamén tramitaron denuncia a un dos clientes por non levar posta a máscara.

MOBILIDADE

Ademais, a Policía tamén identificou a cinco persoas que intentaban entrar sen xustificación dentro da cidade, onde aínda se mantén o peche perimetral. Segundo puntualizaron fontes policiais, os denunciados procedían de Navarra, Ribadeo, Begonte (dúas persoas) e Muxía.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...