Detidos por roubar material metálico nas obras da N-VI nas Nogais

O material fora posto á venda nun establecemento da Coruña.

Unha estrada de Lugo | Google Maps

A Garda Civil detivo no municipio de Lugo a tres veciños da capital luguesa de 22, 25 e 32 anos de idade como presuntos autores dun delito de furto pola subtracción de material nas obras dunha estrada das Nogais.

Os feitos tiveron lugar o pasado mes de outubro nunhas obras que se realizaban na estrada N-VI. O material foi localizado á venda nun establecemento comercial da Coruña. Segundo indicaron fontes da Benemérita, os detidos foron postos a disposición xudicial.